Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

Reseña: A Nosa Negra - Harriet E. Wilson

Imagen
 A Nosa Negra Autora: Harriet E. Wilson Año: 2020 Editorial: Hugin e Minin Sinopsis: A nosa Negra, publicada orixinalmente en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana. Limítrofe coa crónica autobiográfica, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo tanto, coa coñecida como narrativa da escravitude, xa existente en América do Norte dende o século XVIII. Se ben hoxe, grazas aos múltiples estudos, revisións e reedicións do texto (sobre todo a partir da década de 1980), é posible cualificalo de referencial, no momento da súa aparición non tivo unha boa acollida, en parte por pensarse que a obra ía destinada en exclusiva ao lectorado negro, e en parte por focalizar a denuncia non tanto no escravismo dos estados suristas coma no uso da indentured servitude (servidume non asalariada de corte colonial) como sustento eco